A Plataforma “Lugo Sen Mordazas”, nace no mes de maio de 2018 co obxectivo de tumbar a Ordenanza de Seguridade e Convivencia Cidadá que pretende aprobar a alcaldesa do PSOE, Lara Méndez. Dita Plataforma agrupa a persoas, de xeito individual, e colectivos de diversa índole, que amosan a súa disconformidade co borrador de dito texto, represivo, sancionador e propio dun antigo réxime.
Entre as moitas razóns polas que as persoas e colectivos sociais e culturais de Lugo que forman parte desta Plataforma están en contra da chamada “Ordenanza Mordaza” están: que queremos expresarnos libremente na rúa, tanto política, cultural como artisticamente; queremos rúas activas e alegres onde poidamos xogar e crear; porque somos persoas e, como tales, precisamos cantar, xogar, relacionarnos e durmir tamén nos espazos públicos. Por iso non aceptamos as sancións absurdas e desproporcionadas que se propoñen, de 750 a 3.000 euros por case calquera tipo de actividade que se realice na vía pública sen a autorización municipal, e sempre baixo o arbitrio do que o axente municipal de quenda, considere que altera a convivencia cidadá ou pon en risco a seguridade −materia que, por outra banda, é competencia do Estado e ha de ser regulada a través dunha lei orgánica−. Continuar leyendo «A alcaldesa que pisa a promoción local da cultura con macrofestivais»