Unha vitoria: o Pleno rexeita por maioría a Ordenanza Mordaza

pleno ordenanza civica mordaza lugo

Hoxe ocupamos de novo o Pleno. Desta vez para rexeitar o intento do PP de continuar coa Ordenanza Mordaza.

Dende Lugo Sen Mordazas vimos de concentrarnos ante o Concello para lembrarlle ó goberno local que seguimos organizadas e expectantes ante calquera intento de impoñer mordazas á cidade de Lugo. O PP levou hoxe ó pleno a proposta de continuar a tramitación da “ordenanza cívica” presentada polo Concello hai seis meses e que contaba co apoio de Cs. A alcaldesa declarou o 10 de outubro, dúas semanas despois da manifestación convocada por Lugo Sen Mordazas, a retirada do proxecto de ordenanza. Tanto PSOE como C’s votaron en contra (o voto a favor dun deles e a abstención do outro abondaría para que a tramitación seguise adiante), poñendo fin, cando menos durante esta lexislatura, ó proxecto de aprobar unha ordenanza de corte represor e excluínte.

Continuar leyendo «Unha vitoria: o Pleno rexeita por maioría a Ordenanza Mordaza»

Comunicado trala suposta retiradada da «Ordenanza Mordaza»

comunicado lugo sen mordazas retirada ordenanza mordaza

Esiximos garantías formais da retirada da «Ordenanza Mordaza», que ata agora consideramos puramente virtual.

Dende a Plataforma Lugo Sen Mordazas consideramos insuficientes as declaracións da alcaldesa en resposta ás preguntas dun xornalista nas que afirmou que a Ordenanza de Civismo quedaba aparcada por falta de consenso e esiximos un comunicado oficial do goberno anunciando a retirada desta normativa no mesmo lugar no que se presentou, a Mesa de Traballo conformada polos voceiros de tódolos grupos municipais. Non se pode considerar efectiva a marcha atrás do goberno local se non foron informados nin o resto dos grupos políticos que forman a corporación nin a sociedade polas canles formais que corresponden a unha rexedora municipal, polo que estamos simplemente ante unha retirada virtual e non real. A alcaldesa ten acostumada á cidadanía a declaracións de intencións que deron lugar a grandes titulares na prensa e que despois non se teñen levado a cabo, polo que as súas palabras carecen de valor para as persoas integrantes desta Plataforma, que agardamos feitos que confirmen que non se seguirá adiante con este texto normativo represivo e excluínte, tanto no contido do seu articulado concreto como no seu espírito e obxectivos que persegue.

Continuar leyendo «Comunicado trala suposta retiradada da «Ordenanza Mordaza»»

Do anecdótico á política do control e videovixianza

camaras videovixianza lugo sen mordazas

Esta fin de semana coñeciamos a anécdota do sucedido na Praza do Campo, cando dúas persoas subíronse á fonte de San Vicente a bailar nun contexto de festa (e «excesos»).

Fragmento do vídeo

Somos coñecedores e coñecedoras da proposta da Asociación Lugo Monumental e Partido Popular da instalación masivas de cámaras de videovixianza no casco histórico.

Continuar leyendo «Do anecdótico á política do control e videovixianza»