A Renda Básica das Iguais, máis aló do Ingreso Mínimo Vital

Unha opción anticapitalista e feminista

Algunha vez te preguntaches que farías ti se cobraras unha renda básica? Para a maioría das persoas a vida cambiaría radicalmente. Sobre todo para as desbotadas por un sistema económico que favorece a uns poucos mentres afoga á maioría e que resulta insustentable, tanto social como ecoloxicamente. Continuar leyendo «A Renda Básica das Iguais, máis aló do Ingreso Mínimo Vital»

#NinguénInvisibleEnLugo, denuncia contra a pobreza

Lugo é a terceira cidade do Estado na que máis porcentaxe de vivendas baleiras hai e tan só conta con un albergue malchamado “Fogar do Transeúnte” de 16 prazas para homes e 4 para mulleres para dar aloxamento en situacións de emerxencia a 20 persoas en total, que deben cruzar a cidade para recoller o seu bono na Comisaría da Policía Local para poder pernoitar e comer no dispositivo. A estadía máxima é de tres días ao mes, tempo no que ningunha persoa pode procurar un teito baixo o que resgardarse, agás o dun caixeiro automático ou soportal. Apenas dous pisos de emerxencia e, con sorte, o pago de quince días nun motel da cidade, se se cumpren os criterios da traballadora social de zona, que por moito que queira, non pode ofrecer nada máis, cunha axenda programada para oito usuarias por mañá, nuns Servizos Sociais municipais insuficientes e colapsados.

Continuar leyendo «#NinguénInvisibleEnLugo, denuncia contra a pobreza»

Alternativa aos locais baleiros das Institucións: un centro social autoxestionado

Diversos colectivos e asociacións de Lugo, co movemento social “Lugo Sen Mordazas” como nexo de unión e aglutinador de sinerxias, que estas individualidades e colectivos levan tempo procurando nos eidos cultural e social neste cidade, andamos na procura dun novidoso proxecto que sería de interese público para a nosa vila: a construcción dun centro social e cultural autoxestionado.

Continuar leyendo «Alternativa aos locais baleiros das Institucións: un centro social autoxestionado»

Comunicado perante á entrega de medallas a exalcaldes de Lugo

O presente manifesto está elaborado conxuntamente por distintas asociacións culturais e colectivos sociais do municipio de Lugo para amosar o seu rexeitamento contra a entrega de medallas de ouro aos alcaldes que tivo a cidade dende a Transición, por incluir entre esas condecoracións municipais a rexedores que se atopan investigados por corrupción ou que foron condenados de xeito firme.
Continuar leyendo «Comunicado perante á entrega de medallas a exalcaldes de Lugo»

Caudal Fest: 310.000€ agasallados a dedo a mans privadas

caudal fest 2019 lugo
  • O Concello de Lugo agasallará con 310.970 euros á unha UTE (Unión Temporal de Empresas privadas)
  • Bring The Noise é a principal organizadora xunto a EsmerArte, que en 2018 recibiron 2’5 millóns de euros a dedo por parte da Xunta de Galicia.
  • A fórmula escollida este ano é a do patrocinio, que implica máis opacidade que a fórmula de 2018, que foi unha subvención.

Continuar leyendo «Caudal Fest: 310.000€ agasallados a dedo a mans privadas»