Un novo centro social en Lugo: do plano á realidade [Sábado 11 Xaneiro 19:30]

🏠 Un novo centro social autoxestionado en Lugo: do plano á realidade (II Fase ⬇️):

Tras a primeira fase de debate e consenso na asemblea do pasado mes de xullo, este sábado día 11 ás 19:30 pasamos á comezar a facer realidade un desexo de múltiples xentes, colectivo e veciñas de Lugo que nos atopamos nesa primeira reunión 👩‍👩‍👦‍👦: a creación dun novo espazo multidisciplinar, onde organizar actividades de todo tipo, aberto e comunitario, sen trabas burocráticas e cheo de actividades; dende formación, charlas, arte, ocio, música, locais de ensaio e ata, quen sabe, a posibilidade dun ximnasio 🥁🎬🎨👩‍🏫

🤝 Da potencialidade desta construción depende o compromiso de traballo que sairá desta reunión e do número de xente disposta á busca dese espazo que tan necesario se presta na nosa cidade.

🗣 Esta reunión de traballo, dividida en diferentes fases, terá unha duración aproximada de 1 hora e 50 minutos e estará dinamizada por unha persoa moderadora para mellorar a efectividade e a busca do consenso.

As compañeiras do Vagalume C.S-C.A. cederanos o seu espazo, que se atopa na Rúa Nóreas, número 5.

📩 As persoas interesadas en acudir, e na medida do posible, confirmade ao email lugosenmordazas@riseup.net

Así mesmo, se queres resolver algunha dúbida antes de acudir, non teñas reparo en contactarnos.