Un novo centro social autoxestionado en Lugo?

É necesario un novo centro social en Lugo? Que tipo de centro social queremos? Cal é a mellor fórmula de xestión para a participación da veciñanza e colectivos? Como fomentar a cultura dende abaixo?… Que sabemos doutras experiencias?

Estamos preparadxs para transformar este plano en realidade?

Participa, acode coa túa idea, colectivo e construamos.

Martes 16 de Xullo ás 20h. na Despensa Do Saa (Salvador Madariaga, 8)

Cine ao aire libre ’19

Retomamos unha das nosas actividades máis celebradas do ano pasado: o cinema de verán ao aire libre. Vemos na recuperación e creación de actividades sociais e culturais nos espazos comúns como a forma necesaria de tecer comunidade entre as veciñas de Lugo, creando e fortalecendo lazos e redes de apoio. Modelo fronte ao ocio encamiñado ao consumo, onde as terrazas de bares e restaurantes expándense cada vez máis case como forma única de ocio nos cascos históricos, e que representa unha idea da cidade economicista e planificada cada vez máis para o turismo.

Continue reading “Cine ao aire libre ’19”

II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]

A Autoxestión é posible: outros modelos de comunicación, convivencia e alimentación.

Debaixo do cartel sinopse das charlas. Para as persoas xordas, e co fin de facilitar a accesibilidade, se estás interesadx en vir ponte en contacto con nós a través do email lugosenmordazas@riseup.net

Xornadas Lugo Sen Mordazas

Link para descargar o cartel en alta calidade e link para os dípticos

Continue reading “II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]”

Instalamos bebedoiros para a convivencia cos animais fronte ás multas

bebedoiros lugo sen mordazas

Os animais de compañía, como os cans, fai tempo que se incorporaron á normalidade das nosas cidades, desfrutando moitos e moitas da súa compañía e eles da nosa.

Isto ninguén o poñería en dúbida, pero as institucións parecen ir anos por detrás, e mostra disto era o Concello de Lugo que coa “Ordenanza Cívica” quería multarnos con ata 750 euros por dar de beber nas fontes aos nosos compañeiros. Isto en pleno verán e olas de calor (por sorte paramos a ordenanza).

Continue reading “Instalamos bebedoiros para a convivencia cos animais fronte ás multas”

Comunicado: continuación de LSM, porque aínda queda moito por facer

Lugo Sen Mordazas naceu un 15 de Maio de 2018 ao calor de máis de 30 colectivos sociais, culturais e políticos (tamén individualidades) como forma de resposta ao goberno local do PSOE, no seu intento de impoñer en Lugo unha “Ordenanza Cívica” co apoio do Partido Popular e Ciudadanos, rebautizada como “Ordenanza Mordaza”, polas súas similitudes á Lei Mordaza aprobada polo Partido Popular en 2015.

Esta ordenanza pretendía restrinxir o uso do espazo público, estigmatizar e perseguir aos sectores máis vulnerables e censurar a actividade dos movementos sociais e políticos a través da represión e as multas administrativas, outorgándolle un poder totalmente arbitrario á policía local.

Continue reading “Comunicado: continuación de LSM, porque aínda queda moito por facer”

CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]

xornadas lugo sen mordazas

I Xornadas: Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización.

Os vindeiros Sábados 24 de Novembro e 1 de Decembro terá lugar o primeiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas, un espazo de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán ao redor de que modelo de cidade queremos construír, partindo da necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da transformación social. Para estas xornadas contaremos con persoas da nosa cidade, ademais de poñentes e colectivos que achegarán o seu punto de vista dende diferentes puntos xeográficos, palpando outras realidades.

Continue reading “CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]”

Unha vitoria: o Pleno rexeita por maioría a Ordenanza Mordaza

pleno ordenanza civica mordaza lugo

Hoxe ocupamos de novo o Pleno. Desta vez para rexeitar o intento do PP de continuar coa Ordenanza Mordaza.

Dende Lugo Sen Mordazas vimos de concentrarnos ante o Concello para lembrarlle ó goberno local que seguimos organizadas e expectantes ante calquera intento de impoñer mordazas á cidade de Lugo. O PP levou hoxe ó pleno a proposta de continuar a tramitación da “ordenanza cívica” presentada polo Concello hai seis meses e que contaba co apoio de Cs. A alcaldesa declarou o 10 de outubro, dúas semanas despois da manifestación convocada por Lugo Sen Mordazas, a retirada do proxecto de ordenanza. Tanto PSOE como C’s votaron en contra (o voto a favor dun deles e a abstención do outro abondaría para que a tramitación seguise adiante), poñendo fin, cando menos durante esta lexislatura, ó proxecto de aprobar unha ordenanza de corte represor e excluínte.

Continue reading “Unha vitoria: o Pleno rexeita por maioría a Ordenanza Mordaza”

Comunicado trala suposta retiradada da “Ordenanza Mordaza”

comunicado lugo sen mordazas retirada ordenanza mordaza

Esiximos garantías formais da retirada da “Ordenanza Mordaza”, que ata agora consideramos puramente virtual.

Dende a Plataforma Lugo Sen Mordazas consideramos insuficientes as declaracións da alcaldesa en resposta ás preguntas dun xornalista nas que afirmou que a Ordenanza de Civismo quedaba aparcada por falta de consenso e esiximos un comunicado oficial do goberno anunciando a retirada desta normativa no mesmo lugar no que se presentou, a Mesa de Traballo conformada polos voceiros de tódolos grupos municipais. Non se pode considerar efectiva a marcha atrás do goberno local se non foron informados nin o resto dos grupos políticos que forman a corporación nin a sociedade polas canles formais que corresponden a unha rexedora municipal, polo que estamos simplemente ante unha retirada virtual e non real. A alcaldesa ten acostumada á cidadanía a declaracións de intencións que deron lugar a grandes titulares na prensa e que despois non se teñen levado a cabo, polo que as súas palabras carecen de valor para as persoas integrantes desta Plataforma, que agardamos feitos que confirmen que non se seguirá adiante con este texto normativo represivo e excluínte, tanto no contido do seu articulado concreto como no seu espírito e obxectivos que persegue.

Continue reading “Comunicado trala suposta retiradada da “Ordenanza Mordaza””