Caso de discriminación por parte da policía

Esta maña aconteceu novamente un atentado contra a igualdade moral e ética en pleno barrio da Tinería, esta vez protagonizada por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Dous individuos de mediana idade estaban a berrar, a comportarse de xeito moi violento e a destrozar un banco que se atopa no barrio da Tinería.

Foi entón cando unha veciña do barrio chamou á Policía Nacional e tras agardar durante un tempo non se presentou por alí ningún axente para poñer fin a situación. O motivo? Para a policía non era unha persoa máis, era unha “simple prostituta”. A veciña xa desesperada e atemorizada polo comportamento violento destes individuos, decide contactar con membros de Lugo Sen Mordazas, tras falar con ela decidimos chamar nós á Policía Nacional pois os dous individuos seguían na praza.

Tras a nosa chamada tres patrullas da policía se presentaron no lugar dos feitos tomando as medidas pertinentes contra os culpables da situación anteriormente descrita.

Dende a Plataforma Lugo Sen Mordazas denunciamos o maltrato e discriminación por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado en contra das veciñas do barrio da Tinería.

Parte da entrevista onde recentemente denunciaban a situacion de discriminación por parte da policía: