Celebramos o VII San Froilán Asociativo o 6 de Outubro

san froilán asociativo 2018
Dende Lugo Sen Mordazas, como non podía ser doutro xeito, sumámonos ao San Froilán Asociativo ’18!
 
Un San Froilán Asociativo que colectivos e asociacións de Lugo levan xuntándose por 7º ano consecutivo:
 

Estamos en Festas, as nosas festas de toda a vida, as do San Froilán que deben ter cerca de 270 anos! As festas nas que a xente de toda a provincia viña a comerciar no Campo da Feira, mais tamén e de paso, a divertirse, a bailar, a comer polbo.

Continue reading “Celebramos o VII San Froilán Asociativo o 6 de Outubro”

Concerto sen mordazas con Conducto Coloquio

conducto coloquio lugo sen mordazas

A música e a cultura local van da man dun Lugo sen mordazas. Mostra diso dará o grupo Conducto Coloquio que volverá o Xoves 4 de Outubro ao Club Clavicémbalo cun concerto especial para amosar o seu apoio á plataforma porque “queren unha cidade onde non se criminalice a cultura nin a pobreza”.

Será unha noite especial, pois ademais estarán acompañados pola gran voz de Mar López Alvariño

Todo o recadado coa venda de entradas será doado a Lugo Sen Mordazas, así que acode para pasar un bo anaco, desfrutar da boa música dos compañeiros e colaborar coa causa!

Entrada:
Anticipada: 4€ (punto de venda: Ho Gruf)
Taquilla: 5€

Multitudinaria manifestación no 26S contra a Ordenanza Mordaza

manifestación lugo sen mordazas 26s ordenanza civica mordaza

A manifestación convocada por Lugo Sen Mordazas contra a “Ordenanza de Civismo e Seguridade” foi un claro éxito, materializada nunha masiva mobilización, levando a tomar a rúa a un número de xente que non se recordaba en anos a nivel local, deixando aparte datas clave e simbólicas como o 8M Feminista. Todo a pesar do boicot dos medios tradicionais e a censura e represión por parte do Concello (PSOE), mostrando a plataforma unha gran forza e acción contra a Ordenanza Mordaza.

Vídeo resumo da manifestación (Fotografías no seguinte link).

Comunicado completo

Unha vez máis a veciñanza de Lugo sae á rúa para restituír o espazo público como un ben e dereito propio e de todas, e defender que o seu uso non é perigoso nin delitivo, como pretenden facer crer a unha parte da cidadanía determinados grupos políticos conservadores e lobbies empresariais. Máis ben ao contrario, o seu uso é enriquecedor, festivo, reivindicativo, comunitario, solidario, que fai medrar a nosa cidade dende o chan ata o ceo, sen que os muros de formigón nin os de pedra da nosa muralla, nos constrinxan e nos dividan.
Continue reading “Multitudinaria manifestación no 26S contra a Ordenanza Mordaza”

O Garañón e o “civismo” do PSOE

Ante os escándalos urbanísticos e a podredume da mediocre clase política materializada na nosa cidade no goberno do PSOE, dende Lugo Sen Mordazas temos claro que imos a reaccionar. Imos sempre a reaccionar ante o clasismo e a escandalosa corrupción vixente na que se estrutura, coma momento previo á caída de todo Imperio, o Concello e toda a súa política.

En base a esas liñas entendemos que o edificio de O Garañón é o estandarte e símbolo da barbarie por excelencia da cidade. Un lugar onde se aglutinan moitas das problemáticas dun Concello decadente, cheo de amiguismos e inmoral.

Continue reading “O Garañón e o “civismo” do PSOE”

VI Olimpíadas Populares Galegas: deporte, convivio e autoxestión

olimpiadas galegas 2018

Despois dun ano de parada, desde as últimas, Cerdedo’16, volveron as Olimpíadas Populares Galegas, as olimpíadas dos movementos sociais. Da man da Asociación Xermolos e o Mádia Leva, emprazáronse os pasados días 8 e 9 de setembro nas vilas de Parga e Guitiriz, aproveitando os fermosísimos espazos naturais da Carballeira de Parga e os Sete Muíños, respectivamente.

Desta volta participaron seis equipas formadas por máis de 80 atletas de diferentes puntos da Galiza: Lugo, Burela, Guitiriz, Furelos, Vigo, A Guarda, Compostela, Cerdedo, etc.

Continue reading “VI Olimpíadas Populares Galegas: deporte, convivio e autoxestión”

A (in)eficacia das institucións públicas fronte a autoxestión veciñal

Artigo de opinión da Rede de Apoio Mutuo de Lugo


Hai menos de un mes que un grupo de persoas, colectivamente e de xeito autónomo, habilitaron o solar que hai a carón da Porta Miñá, completamente abandonado dende fai anos. Estas persoas encargáronse de rozalo, limpalo e preparalo para que puidese ser usado por todxs como o espazo público que é, coidándoo e traballándoo coa finalidade de realizar un ciclo de cine de barrio, crear comunidade e alternativas ao ocio capitalista, partindo da idea de que a cultura, como as rúas, debe ser de todxs.

Ata este momento ningunha entidade pública fixo nada por recuperar a usabilidade desta parcela, que non parecía interesar para ningún propósito comercial. Mais, tralo éxito desta proposta popular, da noite para a mañá, o espazo apareceu valado, con dous carteis da Xunta como bandeira, impedindo a entrada e, por suposto, a continuación do ciclo de cine nese lugar.

Continue reading “A (in)eficacia das institucións públicas fronte a autoxestión veciñal”

Contacontos

Contacontos Lugo Sen Mordazas

Pequeno espectáculo para todxs, de aproximadamente 1 hora de duración, onde a través dunha mesa e unha maleta aparecen catro historias e catro narradores moi especiais.

Será O Polbo Aurelio quen nos mergullará no fondo do mar para narrar as aventuras de Nadarín de Leo Lioni para danos a forza do grupo.

A fada de Tarambaina aparecerá en busca dos seus tres gatitos. Será que os atopará coa axuda dos seus amigos e amigas?
(Este tipo de historia de mesa axuda a facer imaxes mentais da historia. Todas as personaxes están feitos a man e os elementos que acompañan son tecidos e materiais naturais).

Á porta dun monumento agárdoche con ES TI, unha fermosa historia onde aprendemos a recoñecernos.

E, finalmente, unha historia para adultos e nenxs, onde necesitamos a colaboración de varios dxs asistentes para converterse en monicreques e representar, nin máis nin menos, a primeira vez que xogaron agochadxs na terra.

IV Cine ao aire libre con dúas curtametraxes

Seguimos co ciclo de cine ao aire libre construíndo e tecendo comunidade a través da cultura, crendo nesta como un dereito universal e promovendo formas de ocio saudables e enriquecedoras, fronte á mercantilización imperante da sociedade actual.

Traballando colectivamente e aprendéndonos a nós mesmas a través da séptima arte, nesta ocasión con dúas curtametraxes, “A illa das flores” e “Binta e a gran idea”.

Porque non é o mesmo velo na soidade do teu sofá que acompañadx, acode!

Para todos os públicos. Martes 4 ás 21:45.

Última actualización: debido ás previsións de choiva levarase a cabo no C.S. Mádia Leva (Rúa Serra dos Ancares, nº18).