III Xornadas Lugo Sen Mordazas [Marzo ’20]

Preservar a comunidade: dereitos, alternativas de convivencia e saúde

En marzo celebraremos o terceiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas. As conferencias dos martes serán no salón de actos do I.E.S. Lucus Augusti e a xornada do sábado, con festa incluída, será no C.S.A. Vagalume (rúas das Nóreas, 5). Descrición das charlas a continuación do cartaz.

Programa: Continuar leyendo «III Xornadas Lugo Sen Mordazas [Marzo ’20]»

Un novo centro social en Lugo: do plano á realidade [Sábado 11 Xaneiro 19:30]

???? Un novo centro social autoxestionado en Lugo: do plano á realidade (II Fase ⬇️):

Tras a primeira fase de debate e consenso na asemblea do pasado mes de xullo, este sábado día 11 ás 19:30 pasamos á comezar a facer realidade un desexo de múltiples xentes, colectivo e veciñas de Lugo que nos atopamos nesa primeira reunión ????‍????‍????‍????: a creación dun novo espazo multidisciplinar, onde organizar actividades de todo tipo, aberto e comunitario, sen trabas burocráticas e cheo de actividades; dende formación, charlas, arte, ocio, música, locais de ensaio e ata, quen sabe, a posibilidade dun ximnasio ????????????????‍????

???? Da potencialidade desta construción depende o compromiso de traballo que sairá desta reunión e do número de xente disposta á busca dese espazo que tan necesario se presta na nosa cidade.

???? Esta reunión de traballo, dividida en diferentes fases, terá unha duración aproximada de 1 hora e 50 minutos e estará dinamizada por unha persoa moderadora para mellorar a efectividade e a busca do consenso.

As compañeiras do Vagalume C.S-C.A. cederanos o seu espazo, que se atopa na Rúa Nóreas, número 5.

???? As persoas interesadas en acudir, e na medida do posible, confirmade ao email lugosenmordazas@riseup.net

Así mesmo, se queres resolver algunha dúbida antes de acudir, non teñas reparo en contactarnos.

Magosto popular [CANCELADO]

Cancélase polas condicións climáticas.
Ven o frío! Winter is coming…! E que mellor forma de quentarse que comendo castañas e bailando. Este venres, a partir das 19h., magosto popular no fondo da Praza Maior (por onde o Círculo das Artes). En caso de choiva nos soportais do Concello.

San Froilán Asociativo 2019

Un ano máis celébrase o San Froilán Asociativo, onde as diferentes asociacións e plataformas sociais, políticas, culturais, ecoloxistas… de Lugo presentan o traballo de todo ano e onde Lugo Sen Mordazas tamén estará presente.

Un espazo onde nos xuntamos, onde nos coñecemos, onde parloteamos, onde bailamos e onde desfrutamos, pois así entendemos a celebración do San Froilán.

Este ano ademais teremos contacontos Trécola ás 12h., «Festival España» ás 19:30 e concerto de Bouba Pandeireteiras ás 20h.

Achégate!

san froilan asociativo viii 2019

Un novo centro social autoxestionado en Lugo?

É necesario un novo centro social en Lugo? Que tipo de centro social queremos? Cal é a mellor fórmula de xestión para a participación da veciñanza e colectivos? Como fomentar a cultura dende abaixo?… Que sabemos doutras experiencias?

Estamos preparadxs para transformar este plano en realidade?

Participa, acode coa túa idea, colectivo e construamos.

Martes 16 de Xullo ás 20h. na Despensa Do Saa (Salvador Madariaga, 8)

Cine ao aire libre ’19

Retomamos unha das nosas actividades máis celebradas do ano pasado: o cinema de verán ao aire libre. Vemos na recuperación e creación de actividades sociais e culturais nos espazos comúns como a forma necesaria de tecer comunidade entre as veciñas de Lugo, creando e fortalecendo lazos e redes de apoio. Modelo fronte ao ocio encamiñado ao consumo, onde as terrazas de bares e restaurantes expándense cada vez máis case como forma única de ocio nos cascos históricos, e que representa unha idea da cidade economicista e planificada cada vez máis para o turismo.

Continuar leyendo «Cine ao aire libre ’19»

II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]

A Autoxestión é posible: outros modelos de comunicación, convivencia e alimentación.

Debaixo do cartel sinopse das charlas. Para as persoas xordas, e co fin de facilitar a accesibilidade, se estás interesadx en vir ponte en contacto con nós a través do email lugosenmordazas@riseup.net

Xornadas Lugo Sen Mordazas

Link para descargar o cartel en alta calidade e link para os dípticos

Continuar leyendo «II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]»