Queremos as bocas libres para cantar e asubiar: Viva a música nas rúas!

Artigo de opinión da asociación cultural Tele-Clube.

Tele-Cube é unha asociación cultural que naceu, hai escasos meses, coa idea de dar a coñecer diferentes espazos, tanto da provincia como da cidade de Lugo, coa música en directo como elemento integrador da propia escea física, da arquitectura que a rodea e da súa propia historia, como doutras disciplinas artísticas.

Os barrios da cidade de Lugo están inzados de edificios industriais e de instalacións culturais que perderon o seu uso inicial e foron pasando a un espazo de esquecemento colectivo, físico, cognitivo e emocional. Tamén hai rúas, pequenas prazas e calexas que perderon o seu uso como espazos de socialización e de recreo e quedaron como ermos deshumanizados. Por norma xeral, as diferentes iniciativas musicais realízanse en equipamentos deseñados exclusivamente para a música, para grandes concentracións de persoas ou en espazos céntricos das cidades e das vilas, o que xera unha fenda entre a relación da música e da cultura co día a día das persoas.

Continue reading “Queremos as bocas libres para cantar e asubiar: Viva a música nas rúas!”

Caso de discriminación por parte da policía

Esta maña aconteceu novamente un atentado contra a igualdade moral e ética en pleno barrio da Tinería, esta vez protagonizada por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Dous individuos de mediana idade estaban a berrar, a comportarse de xeito moi violento e a destrozar un banco que se atopa no barrio da Tinería.

Foi entón cando unha veciña do barrio chamou á Policía Nacional e tras agardar durante un tempo non se presentou por alí ningún axente para poñer fin a situación. O motivo? Para a policía non era unha persoa máis, era unha “simple prostituta”. A veciña xa desesperada e atemorizada polo comportamento violento destes individuos, decide contactar con membros de Lugo Sen Mordazas, tras falar con ela decidimos chamar nós á Policía Nacional pois os dous individuos seguían na praza. Continue reading “Caso de discriminación por parte da policía”

Que é a xentrificación

Xentrificación (aburguesamento, elitización) é o nome que se da en determinados procesos de transformación urbana polos que zonas estratéxicas dunha cidade aumentan artificialmente o seu valor provocando o desplazamento da poboación económicamente vulnerable. Para este grupo a vivenda deixa de ser accesible na área revalorizada (neste caso a Tinería). Son progresivamente empuxados hacia as periferias ou zoas deprimidas, incapaces de seguir pagando polo seu dereito á cidade. A urbanización que lle sigue, orientada ao consumo de espazos desconflictivizados, provocan a estandarización da paisaxe, a pérdida da memoria barrial e a ruptura do texido social.

Continue reading “Que é a xentrificación”

Sobre as coaccións ás veciñas da Tinería e a hipocresía dos empresarios

Este Luns denunciouse dende a Plataforma de Lugo Sen Mordazas, conformada por máis de 30 colectivos sociais, políticos, sindicais e culturais, a situación de abusos e coaccións que están a sufrir as históricas veciñas do barrio da Tinería que ofrecen servizos sexuais, xa de por si estigmatizadas pola sociedade e que buscan sobrevivir dentro dun precario ou ausente mundo laboral, fronte aos privilexios de quen as presiona e maltrata: parte do empresariado e as institucións actuais.

Como chegamos a dar conta desta situación?

Continue reading “Sobre as coaccións ás veciñas da Tinería e a hipocresía dos empresarios”

Opinión: La Voz de Galicia e a hipocresía do “machismo”

Artigo de opinión do colectivo Translurpies

Lugo Sen Mordazas é unha plataforma que inclúe, nas súas bases, plantexamentos antirracistas e antipatriarcais. Tendo esto en conta, entendemos como unha manipulación aproveitarse das premisas da loita feminista para mostrar unha versión distorsionada da realidade que, por outra banda, mostra sesgos racistas e clasistas.

La Voz de Galicia publicaba, o pasado sábado 7 de xullo, un artigo no que describía unha situación sexista ocorrida entre un “gorrilla” e unha axente da policía local, no que o primeiro lle decía que a el non lle toca ningunha muller policía.

Continue reading “Opinión: La Voz de Galicia e a hipocresía do “machismo””

Manifesto en apoio ás veciñas da Tinería

A Plataforma Lugo Sen Mordazas leva presente no barrio da Tinería semanas para amosar o seu apoio á un grupo de veciñas deste barrio especialmente vulnerable: as mulleres que ofrecen servizos sexuais na contorna do mesmo, que están a ser criminalizadas pola estratexias represoras deste Goberno municipal que pretende utilizar o dereito administrativo sancionador como ferramenta de control social, outorgando maiores cotas de poder a asociacións de empresarios con intereses lucrativos na zona, que á propia veciñanza que leva anos residindo neste histórico barrio.

É por iso que antes do inicio da asemblea semanal de Lugo Sen Mordazas leuse un comunicado denunciando esta situación elaborado conxuntamente con elas.

Aquí a lectura do manifesto (acceso ao texto).

 

Crónica do Festival Incívico

Dende a Plataforma Lugo Sen Mordazas vimos de celebrar a primeira edición do Festivial Incívico, onde se levaron a cabo diversas actividades que coa nova “Ordenanza Mordaza” pasarían a ser sancionadas dende os 750 euros ata os 3.000 euros. Deste xeito, dende Lugo Sen Mordazas, non só se protestous contra esta ordenanza, senón que se quixo poñer en valor a necesidade de recuperar o espazo público e as rúas, facéndoas de todxs e para todxs, como forma de entender unha nova convivencia que recupera ao tempo cousas do pasado.

Aquí deixámosvos a videocrónica do festival