I Festival Incívico o Sábado 30 de Xuño!

Celebramos a primeira edición do «Festival Incívico» ❕❕
A policía moral chegou a Lugo , pero nós non imos quedar paradxs, e é por iso que organizamos a primeira edición deste festival onde seremos todxs moi «incívicos».
O programa que verás a continuación pode ser a úiltima vez que sexa de balde, así que aproveita! Xa que moitas destas actividades pasarán a ser sancionadas dende os 750€ ata os 3.000€ de aprobarse a Ordenanza de Seguridade e Civismo proposta polo PSOE e apoiada por PP e Ciudadanos, coñecida xa como a «Ordenanza Mordaza» ????

Programa (descarga o díptico para repartir ou deixar en locais)
◾ 11:00 Actuación Musical.
◾ 11:30 Charla: Solucións ecolóxicas ao problema dos ouriños na rúa, Xosé Martínez.
◾ 12:00 a 13:00 Xogos de rúa (corda, tira a soga, carreira de sacos, petanca, balón e mariola), Susana Paz.
◾ 13:00 Charla: Control Social a través do medo: a ordenanza que amordaza a liberdade, Chus Rodríguez
◾ 13:30 Ensoñamentos, Asociacións 3monos.
◾ 14:00 Xantar popular (trae a túa comida).
◾ 17:00 Monicreques na rúa.
◾ 17:30 Partida de xadres no taboleiro da praza.
◾ 18:00 a 19:30 Xogos de rúa (corda, tira a soga, carreira de sacos, petanca, balón e mariola), Susana Paz.
◾ 19:00 Concerto de Kike Ganso.
◾ 19:30 Recital poético de Randi Estrago e pintura en vivo con Gema López.
◾ 20:00 Obradoiro de malabares.
◾ 20:30 Espectáculo de circo.
E pode que haxa novas sorpresas!
Lugar: Praza Maior
festival incivico lugo