Estamos en Festas, as nosas festas de toda a vida, as do San Froilán que deben ter cerca de 270 anos! As festas nas que a xente de toda a provincia viña a comerciar no Campo da Feira, mais tamén e de paso, a divertirse, a bailar, a comer polbo.
Seguimos contra toda modernidade a celebrar esta festa, xantando, bebendo, bailando, escoitando música en calquera praza, paseando pola cidade, atopando en cada recuncho e en cada rúa algo para ver ou facer, un amigo o unha amiga que hai tempo que non vemos…
Outra vez máis saímos á rúa, o noso medio natural poñendo un grao de area para que esta festa siga viva, porque pensamos que as festas témolas que facer nós, as veciñas e veciños de Lugo, que queremos ser persoas actoras desta festa e non só consumidoras delas.
Queremos ademais facer máis forte o tecido asociativo dos nosos colectivos, porque facendo cousas xuntas é como entendemos a unidade e a colaboración entre as asociacións e colectivos de este Lugo vivo, participativo e con inquedanzas e que quere expresarse libremente, sen coaccións, sen mordazas e sen exclusións (aquí collemos todas e todos!).
Coma sempre facemos isto o sábado anterior ao Domingo das Mozas.
Non temos subvencións, contamos só cos nosos modestos medios.Estaremos na Praza de Santo Domingo, na beirarrúa do convento, todo o día dende as 10 ata ás 21 h. E alí mostraremos o noso traballo, o que facemos todo o ano, e aparte teremos diversas actividades.
Estar nesta Praza ten un significado de memoria porque este foi un dos emprazamentos do San Froilán nos anos 60.
Damos a benvida a toda a xente forasteira; persoas convidadas, feirantes, vendedores e vendedoras con ou sen manta, ás das barracas e, en definitiva, a todas.
PROGRAMA
- Comezo coa apertura dos postos dos colectivo ás 10h
 - Obradoiros para crianzas das 11h às 13h
 - Café-Coloquio con o Banco de Tempo às 12h00
 - Cantares de cego con Francisco de Taboada às 13h00
 - Presentación dos Coletivos das 13h30 ás 14h30
 - Xantar vegano tras a presentación dos colectivos
 - Obradoiro de baile tradicional ás 17h00
 - Paseo de Masa Crítica ???? ás 17h30
 - Presentación musicada do Poemario Independencia de Alfonso Rodríguez às 17h45
 - Obradoiro Translurpies de deconstrución de xénero às 18h30
 - Presentación dos Coletivos das 19h00 às 19h30
 - Humor con Marca España às 19h30
 - Concerto co grupo de rock galego ITH às 20h00
 
… E moito máis, acompañado dun xantar vegano, máis unha degustación de produtos varios feita polo grupo de «Vegetarianos y Veganos en Lugo»
VIVA O SAN FROILÁN!!


