É indudidable que os mass media ou medios de información de masas conforman a opinión da sociedade, así que como detrás destes o seu accionariado está composto por grandes fondos de inversión, a banca ou grandes magnates, que cada vez acumúlanse en menos mans.
O diario El Progreso é o máis lido en Lugo, polo que é clave á hora de entender en como se conforma o ideario da xente. Aquí temos unha comparativa de como tratou o mesmo tema segundo o posicionamento fose a favor ou contrario da Ordenanza Cívica:
Á esquerda adica a páxina completa un artigo a favor da Ordenanza a través da testemuña dun par de persoas que se erixen representantes dunha maioría da poboación lucense, que especialmente proveñen do mundo empresarial como José María Seijas, Presidente de la «Federación de Comercio» e á súa vez portavoz do «Observatorio de Empresarios y Vecinos por la Seguridad Ciudadana», ou o Presidente da «Asociación Provincial de Hostelería», Cheché Real.
Á dereita, nun pequeno recadro, a cobertura que lle deron á concentración de onte que rexeitaba a ordenanza, que nin ocupou un cuarto de carilla dunha páxina. A descripción, un brevísimo parágrafo, e a fotografía seleccionada, unha na que sae só unha persoa, pese a reunir ao redor dun centenar de persoas na rúa dunha plataforma conformada por máis de 30 colectivos sociais, políticos, sindicais e culturais, ademais de individualidades (abaixo desta, unha fotografía do mesmo día).
O dereito á información está consagrado no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948.
Estamos segur@s de estar ben informad@s?
* El Progreso recibe una gran cantidade de subvencións e fondos públicos, tamén de forma indirecta a través da publicidade institucional do Concello de Lugo, gobernado agora mesmo polo PSOE que foi quen redactou o proxecto da «Ordenanza Cívica».