La Voz de Galicia manipula: non á reforma, si á retirada.

La Voz de Galicia manipula afirmando que Lugo Sen Mordazas (LSM) busca «redactar de novo o proxecto da Ordenanza Cívica».

la voz de galicia manipulacion lugo sen mordazas
Clic para ampliar

Dende LSM enviouse unha nota de prensa dunha carilla e media clara ao respecto, ademais do noso posicionamento dende o principio do que teñen constancia, que é a retirada total da «Ordenanza Mordaza».

Pasamos a copiar os fragmentos do último comunicado de Lugo Sen Mordazas que acompañaba a esta primeira concentración que, por certo, foi un éxito:

«Lugo Sen Mordazas non acepta a posibilidade de reformar o texto para «suavizar” os puntos máis polémicos» (…) Para os problemas de deterioro do patrimonio, coidado do espazo público e outros aspectos da convivencia no termo municipal existen ordenanzas suficientes que xa regulan e sancionan comportamentos incívicos de xeito máis proporcionado, como a Ordenanza de Medio Ambiente, polo que unha Ordenanza que invade competencias doutras administracións e mesmo é contraria á lexislación superior vixente e aos dereitos civís é totalmente innecesaria, ademais de ilegal.»

* La Voz de Galicia recibe unha gran cantidade de subvencións das administracións de forma directa, e tamén indirecta a través da publicidade institucional. Está ao servizo dos Gobernos do PSOE e do Partido Popular e serve aos grandes empresarios.