Xentrificación (aburguesamento, elitización) é o nome que se da en determinados procesos de transformación urbana polos que zonas estratéxicas dunha cidade aumentan artificialmente o seu valor provocando o desplazamento da poboación económicamente vulnerable. Para este grupo a vivenda deixa de ser accesible na área revalorizada (neste caso a Tinería). Son progresivamente empuxados hacia as periferias ou zoas deprimidas, incapaces de seguir pagando polo seu dereito á cidade. A urbanización que lle sigue, orientada ao consumo de espazos desconflictivizados, provocan a estandarización da paisaxe, a pérdida da memoria barrial e a ruptura do texido social.
Colonización urbana
Mentres para as clases máis altas a segregación urbana pode ser voluntaria e incluso unha estratexia de control do espazo que habitan, para as clases baixas, forzadas a vivir alí donde se oferta vivenda en aluguer a prezos accesibles, a segregación é un proceso non desexado, unha imposición económica. Nesta cidade privada, paisaxe fragmentado de arquipélagos urbanos, as barreiras físicas convértense en barreiras sociais, e marcan profundas diferenzas entre quen vive dentro e quen vive fóra. Delimitados así os territorios, a xentrificación supón unha nova colonización do espazo urbano ao que foron relegadas as clases menos favorecidas. Aquelas áreas marxinadas que sufriron un abandono en infrastruturas por ser periféricas deveñen en novos centros co crecemento da cidade, o que as coloca no ollo do furacán da especulación inmobiliaria.
A xentrificación é un conflito de ocupación do espazo urbano dunhas clases sociais fronte a outras.
O yuppie, o hipster, o flaneur, o explorador urbano que modifica o entrono coa súa presencia, que persigue unha autenticidade que desaparece baixo os seus pés… Distintos modelos guiados por un mesmo patrón de consumo, aquel que nas últmas décadas empuxa a esta nova clase creativa a volver ao centro abandonado das cidades.
Sin embargo, a clase creativa non é senón o chivo expiatorio de novas políticas de desenvolvemento urbano, duha serie de estratexias globais que constrúen un modelo de cidade hipereconomizado e excluínte. E é que hai unha enorme asimetría entre o poder que teñen as grandes corporacións capitalistas no mercado e o «poder» de alguén que trata de alquilar un piso cun salario medio.
Instrumentalización da cultura
Frases como a do exministro Jack Lang, «A cultura é o novo petróleo», evidencian hoxe esta reconducción da cultura hacia un ben explotable. O economista estadounidesne Richard Florida calculou que sólo prosperarían as cidades nas que a «clase creativa» se sinta ben. Este sector creativo estaría formado por científicos, enxeñeiros, profesore universitarios, poetas e novelistas, artistas, actores, deseñadores e arquitectos,?así como ao «liderazgo pensante» da sociedade moderna: escritores de non ficción, editores, figuras culturais, investigadores sociais, analistas e outros «fabricantes de opinión». Falamos así dun novo estrato social explotable pola economía.
Políticos de todo o mundo buscan nas teorías de florida asesoramento sobre como atraer a esa clase creativa ás súas cidades. Baixo estos parámetros, atraer á clase creativa é atraer inversión privada, nunha lóxica donde a creatividade humana é o recurso económico definitivo. Nestas cidades, as políticas urbanas favorecen a transformación dos barrios populares das zonas centrais en novos polos aglutinadores de recursos destinados á promoción cultural, acordes cos patróns de consumo desta nova clase creativa.
Deste xeito a cultura, a creatividade, a multiculturalidade, son explotadas, instrumentalizadas por lóxicas de mercado globais que exterminan toda especificidade local orixinal reemplazándoa por espazos estandarizados.
Textos extraidos de «Gentrificación no es un nombre de señora», do colectivo Left-Hand Rotation. Dispoñible en http://www.lefthandrotation.com/gentrificacion/