O Garañón e o “civismo” do PSOE

Ante os escándalos urbanísticos e a podredume da mediocre clase política materializada na nosa cidade no goberno do PSOE, dende Lugo Sen Mordazas temos claro que imos a reaccionar. Imos sempre a reaccionar ante o clasismo e a escandalosa corrupción vixente na que se estrutura, coma momento previo á caída de todo Imperio, o Concello e toda a súa política.

En base a esas liñas entendemos que o edificio de O Garañón é o estandarte e símbolo da barbarie por excelencia da cidade. Un lugar onde se aglutinan moitas das problemáticas dun Concello decadente, cheo de amiguismos e inmoral.

Dende o comezo do proxecto moitos colectivos da cidade opuxéronse a construción do edificio -ilegal e corrupto-, feito só para que certos amigos do Concello saquen o seu beneficio, edificio prohibitivo e previsto para ser habitado por só unha minoría privilexiada. Un edificio que irrompe no medio dun espazo verde público que destrúe o miradoiro do noso parque, coma se dunha especie invasora de formigón e cemento privatizado se tratase; borrando da cidade amurallada un lugar que nos pertence a todas.

O mesmo Concello que catalizou e aprobou este proxecto e o que agora di defender unha suposta lei de “ordenanza cívica”.

Dende Lugo Sen Mordazas dicímolo sen titubear, se iso é civismo, nós somos incívicxs.

Por todo isto reivindicamos o espazo coa faixa e o icónico símbolo de Lugo Sen Mordazas (L.S.M.) convocando á manifestación deste Mércores 26 de Setembro ás 20:30 dende a Praza Santa María.

Porque queremos recuperar o que é noso, porque O Garañón, ao igual que o concello, está en ruínas.

E nós somos as clases populares organizándonos dende abaixo recuperando esas ruínas.

o garañon lugo sen mordazas
Faixa extendida no Garañón