II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]

A Autoxestión é posible: outros modelos de comunicación, convivencia e alimentación.

Debaixo do cartel sinopse das charlas. Para as persoas xordas, e co fin de facilitar a accesibilidade, se estás interesadx en vir ponte en contacto con nós a través do email lugosenmordazas@riseup.net

Xornadas Lugo Sen Mordazas

Link para descargar o cartel en alta calidade e link para os dípticos

As actividades terán lugar no Instituto Lucus Augusti (Masculino), agás imprevistos de última hora (sería anunciado nas redes) ou as excepcións da charla do Luns 13 de Maio e o concerto do 16 do mesmo mes.

Programa:

ABRIL

Alternativas aos mass media – Martes 13 de Abril ás 20h.
Mesa redonda que contará coa participación do Novas da Galiza, O Salto e Viva Lugo e que poñerá no foco a necesidade e a dificultade de potenciar aquelas vías de información que non están ao servizo do poder económico.

Caso Scala: Terrorismo de Estado – Mércores 25 de Abril ás 20h.
Próximos ao 1º de Maio José Cuevas falará en primeira persoa do Caso Scala e como o Estado durante a transición levou a cabo un atentado de falsa bandeira para deslexitimar o movemento anar- cosindicalista, inculpando a tres persoas da CNT e condenándoas a 17 anos de prisión polo incendio provocado na Sala Scala. Entre elas o propio José Cuevas.

MAIO

Racismo Institucional e Leis Mordazas – Xoves 9 de Maio ás 20h.
A xurista de Sos Racismo Galicia falará sobre como a Lei de Seguridade Cidadá (Lei Mordaza) e outras normas vixentes no Estado colocan nunha situación de especial vulnerabilidade as persoas migrantes e, máis aínda, as que se atopan en situación “irregular”. Falaremos de dereitos civís vs abusos policiais e racismo institucional.
 

Nace Pensa Lugo – Luns 13 de Maio ás 19:30h na Libraría Trama.
Presentación e lanzamento de crowdfunding para un novo medio local en papel e autoxestionado. Unha nova forma de ollar o mundo. “Un xornal que pretende fomentar o debate, o pensamento e a aprendizaxe con temas que quedan fóra dos medios convencionais, fóra do gran capital e dende unha perspectiva feminista, ecoloxista e inclusiva”.

Soberanía Alimentaria. O cambio de modelo esta nas túas mans – Xoves 16 de Maio ás 20h.
Falaremos de autoxestión, ecoloxismo e soberanía con Santi Cid, labrego en ecolóxico; Víctor Fernández, gandeiría de leite en ecolóxico e Sabela Facal, avicultura artesanal.

… E ás 21.45h. Concerto de Punkdereteiras no C.S.A. Vagalume (Rúa das Nóreas, 5) para celebrar o aniversario de Lugo Sen Mordazas con cea previa incluída (bocatas veganos). Ata completar aforo.

Okupación en Fraguas: o revivir dun pobo – Xoves 23 de Maio ás 20h.
Experiencias e realidade do proxecto de ocupación e reconstrución dunha aldea abandonada en Fraguas que tivo o obxectivo de repoboar unha zona rural de xeito autoxestionado e sostible. Actualmente, e por esta iniciativa, as persoas de Fragua Revive foron condenadxs a 1 ano e 9 meses de prisión, máis as cuantiosas multas e o custo da demolición das súas casas. En caso de non poder afrontar os gastos ingresarán en prisión 2 anos e 3 meses.

Danzar o espazo, crear cidade – Martes 28 de Maio ás 20h.
A asociación lucense de artes escénicas desenvolverá un obradoiro co público como participante activo, no que se empregarán diferentes espazos -tanto interiores como exteriores- para a danza, cos corpos en movemento como forma de construír outro modelo de cidade.

EVENTO EN FACEBOOK