A Renda Básica das Iguais, máis aló do Ingreso Mínimo Vital

Unha opción anticapitalista e feminista

Algunha vez te preguntaches que farías ti se cobraras unha renda básica? Para a maioría das persoas a vida cambiaría radicalmente. Sobre todo para as desbotadas por un sistema económico que favorece a uns poucos mentres afoga á maioría e que resulta insustentable, tanto social como ecoloxicamente. Continuar leyendo «A Renda Básica das Iguais, máis aló do Ingreso Mínimo Vital»

III Xornadas Lugo Sen Mordazas [Marzo ’20]

Preservar a comunidade: dereitos, alternativas de convivencia e saúde

En marzo celebraremos o terceiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas. As conferencias dos martes serán no salón de actos do I.E.S. Lucus Augusti e a xornada do sábado, con festa incluída, será no C.S.A. Vagalume (rúas das Nóreas, 5). Descrición das charlas a continuación do cartaz.

Programa: Continuar leyendo «III Xornadas Lugo Sen Mordazas [Marzo ’20]»

#NinguénInvisibleEnLugo, denuncia contra a pobreza

Lugo é a terceira cidade do Estado na que máis porcentaxe de vivendas baleiras hai e tan só conta con un albergue malchamado “Fogar do Transeúnte” de 16 prazas para homes e 4 para mulleres para dar aloxamento en situacións de emerxencia a 20 persoas en total, que deben cruzar a cidade para recoller o seu bono na Comisaría da Policía Local para poder pernoitar e comer no dispositivo. A estadía máxima é de tres días ao mes, tempo no que ningunha persoa pode procurar un teito baixo o que resgardarse, agás o dun caixeiro automático ou soportal. Apenas dous pisos de emerxencia e, con sorte, o pago de quince días nun motel da cidade, se se cumpren os criterios da traballadora social de zona, que por moito que queira, non pode ofrecer nada máis, cunha axenda programada para oito usuarias por mañá, nuns Servizos Sociais municipais insuficientes e colapsados.

Continuar leyendo «#NinguénInvisibleEnLugo, denuncia contra a pobreza»

Alternativa aos locais baleiros das Institucións: un centro social autoxestionado

Diversos colectivos e asociacións de Lugo, co movemento social “Lugo Sen Mordazas” como nexo de unión e aglutinador de sinerxias, que estas individualidades e colectivos levan tempo procurando nos eidos cultural e social neste cidade, andamos na procura dun novidoso proxecto que sería de interese público para a nosa vila: a construcción dun centro social e cultural autoxestionado.

Continuar leyendo «Alternativa aos locais baleiros das Institucións: un centro social autoxestionado»

Comunicado perante á entrega de medallas a exalcaldes de Lugo

O presente manifesto está elaborado conxuntamente por distintas asociacións culturais e colectivos sociais do municipio de Lugo para amosar o seu rexeitamento contra a entrega de medallas de ouro aos alcaldes que tivo a cidade dende a Transición, por incluir entre esas condecoracións municipais a rexedores que se atopan investigados por corrupción ou que foron condenados de xeito firme.
Continuar leyendo «Comunicado perante á entrega de medallas a exalcaldes de Lugo»

Magosto popular [CANCELADO]

Cancélase polas condicións climáticas.
Ven o frío! Winter is coming…! E que mellor forma de quentarse que comendo castañas e bailando. Este venres, a partir das 19h., magosto popular no fondo da Praza Maior (por onde o Círculo das Artes). En caso de choiva nos soportais do Concello.

San Froilán Asociativo 2019

Un ano máis celébrase o San Froilán Asociativo, onde as diferentes asociacións e plataformas sociais, políticas, culturais, ecoloxistas… de Lugo presentan o traballo de todo ano e onde Lugo Sen Mordazas tamén estará presente.

Un espazo onde nos xuntamos, onde nos coñecemos, onde parloteamos, onde bailamos e onde desfrutamos, pois así entendemos a celebración do San Froilán.

Este ano ademais teremos contacontos Trécola ás 12h., «Festival España» ás 19:30 e concerto de Bouba Pandeireteiras ás 20h.

Achégate!

san froilan asociativo viii 2019