CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]

xornadas lugo sen mordazas

I Xornadas: Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización.

Os vindeiros Sábados 24 de Novembro e 1 de Decembro terá lugar o primeiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas, un espazo de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán ao redor de que modelo de cidade queremos construír, partindo da necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da transformación social. Para estas xornadas contaremos con persoas da nosa cidade, ademais de poñentes e colectivos que achegarán o seu punto de vista dende diferentes puntos xeográficos, palpando outras realidades.

Continuar leyendo «CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]»

Celebramos o VII San Froilán Asociativo o 6 de Outubro

san froilán asociativo 2018
Dende Lugo Sen Mordazas, como non podía ser doutro xeito, sumámonos ao San Froilán Asociativo ’18!
 
Un San Froilán Asociativo que colectivos e asociacións de Lugo levan xuntándose por 7º ano consecutivo:
 

Estamos en Festas, as nosas festas de toda a vida, as do San Froilán que deben ter cerca de 270 anos! As festas nas que a xente de toda a provincia viña a comerciar no Campo da Feira, mais tamén e de paso, a divertirse, a bailar, a comer polbo.

Continuar leyendo «Celebramos o VII San Froilán Asociativo o 6 de Outubro»

Concerto sen mordazas con Conducto Coloquio

conducto coloquio lugo sen mordazas

A música e a cultura local van da man dun Lugo sen mordazas. Mostra diso dará o grupo Conducto Coloquio que volverá o Xoves 4 de Outubro ao Club Clavicémbalo cun concerto especial para amosar o seu apoio á plataforma porque «queren unha cidade onde non se criminalice a cultura nin a pobreza».

Será unha noite especial, pois ademais estarán acompañados pola gran voz de Mar López Alvariño

Todo o recadado coa venda de entradas será doado a Lugo Sen Mordazas, así que acode para pasar un bo anaco, desfrutar da boa música dos compañeiros e colaborar coa causa!

Entrada:
Anticipada: 4€ (punto de venda: Ho Gruf)
Taquilla: 5€

Contacontos

Contacontos Lugo Sen Mordazas

Pequeno espectáculo para todxs, de aproximadamente 1 hora de duración, onde a través dunha mesa e unha maleta aparecen catro historias e catro narradores moi especiais.

Será O Polbo Aurelio quen nos mergullará no fondo do mar para narrar as aventuras de Nadarín de Leo Lioni para danos a forza do grupo.

A fada de Tarambaina aparecerá en busca dos seus tres gatitos. Será que os atopará coa axuda dos seus amigos e amigas?
(Este tipo de historia de mesa axuda a facer imaxes mentais da historia. Todas as personaxes están feitos a man e os elementos que acompañan son tecidos e materiais naturais).

Á porta dun monumento agárdoche con ES TI, unha fermosa historia onde aprendemos a recoñecernos.

E, finalmente, unha historia para adultos e nenxs, onde necesitamos a colaboración de varios dxs asistentes para converterse en monicreques e representar, nin máis nin menos, a primeira vez que xogaron agochadxs na terra.

IV Cine ao aire libre con dúas curtametraxes

Seguimos co ciclo de cine ao aire libre construíndo e tecendo comunidade a través da cultura, crendo nesta como un dereito universal e promovendo formas de ocio saudables e enriquecedoras, fronte á mercantilización imperante da sociedade actual.

Traballando colectivamente e aprendéndonos a nós mesmas a través da séptima arte, nesta ocasión con dúas curtametraxes, «A illa das flores» e «Binta e a gran idea».

Porque non é o mesmo velo na soidade do teu sofá que acompañadx, acode!

Para todos os públicos. Martes 4 ás 21:45.

Última actualización: debido ás previsións de choiva levarase a cabo no C.S. Mádia Leva (Rúa Serra dos Ancares, nº18).

 

III cine ao aire libre: Planeta Ceibe

Seguimos co ciclo de cine para dar espazo á cultura e o encontro.

Desta volta proxectaremos ‘O Planeta Ceibe’.

Vémonos no Patio do Barrio que linda coa Porta Miñá o martes ás 21.45 horas. Por suposto, non fai falta convite, a rúa e de todxs.

II cine ao aire libre: Ficción Inmobiliaria

Seguimos co ciclo de cine, a 7ª arte para dar espazo á cultura e o encontro comunitario.

Desta ocasión proxectaremos Ficción Inmobiliaria, que vira ao redor das problemáticas asociadas coa vivenda, a especulación inmobiliaria, os desafiuzamentos e os procesos de xentrificación, no patio que linda coa Porta Miñá o Martes 21 ás 21.45 horas. Posterior á proxección teremos un debate aberto.

Ciclo de cine ao aire libre

cine aire libre lugo sen mordazas

Cando nos xuntamos un grupo de persoas, de cidadáns, na rúa e conversamos sobre o que nos afecta, nos preocupa, cando soñamos conxuntamente, xorden ideas. Estas ideas compartidas e coxestionadas, únenos nun proxecto e fainos apropiarnos do barrio creando comunidade.

Desde a Plataforma Lugo sen Mordazas hai a quen nos encanta o cinema e queremos compartir esta afición coa veciñanza e os/as aficionados/as o 7º arte para dar espazo á cultura e o encontro, e é por iso que comezamos un ciclo de cine con varias películas e documentais que iremos proxectando os Martes.

Neste caso un clásico do cine mudo: ‘O maquinista da xeral’ que se proxectará no patio que linda coa Porta Miñá o martes ás 21.45 horas. Por suposto, non fai falta convite, a rúa e de todxs, o patio do barrio.

I Festival Incívico o Sábado 30 de Xuño!

Celebramos a primeira edición do «Festival Incívico» ❕❕
A policía moral chegou a Lugo , pero nós non imos quedar paradxs, e é por iso que organizamos a primeira edición deste festival onde seremos todxs moi «incívicos».
O programa que verás a continuación pode ser a úiltima vez que sexa de balde, así que aproveita! Xa que moitas destas actividades pasarán a ser sancionadas dende os 750€ ata os 3.000€ de aprobarse a Ordenanza de Seguridade e Civismo proposta polo PSOE e apoiada por PP e Ciudadanos, coñecida xa como a «Ordenanza Mordaza» ????

Continuar leyendo «I Festival Incívico o Sábado 30 de Xuño!»