San Froilán Asociativo 2019

Un ano máis celébrase o San Froilán Asociativo, onde as diferentes asociacións e plataformas sociais, políticas, culturais, ecoloxistas… de Lugo presentan o traballo de todo ano e onde Lugo Sen Mordazas tamén estará presente.

Un espazo onde nos xuntamos, onde nos coñecemos, onde parloteamos, onde bailamos e onde desfrutamos, pois así entendemos a celebración do San Froilán.

Este ano ademais teremos contacontos Trécola ás 12h., «Festival España» ás 19:30 e concerto de Bouba Pandeireteiras ás 20h.

Achégate!

san froilan asociativo viii 2019

Caudal Fest: 310.000€ agasallados a dedo a mans privadas

caudal fest 2019 lugo
  • O Concello de Lugo agasallará con 310.970 euros á unha UTE (Unión Temporal de Empresas privadas)
  • Bring The Noise é a principal organizadora xunto a EsmerArte, que en 2018 recibiron 2’5 millóns de euros a dedo por parte da Xunta de Galicia.
  • A fórmula escollida este ano é a do patrocinio, que implica máis opacidade que a fórmula de 2018, que foi unha subvención.

Continuar leyendo «Caudal Fest: 310.000€ agasallados a dedo a mans privadas»

Un novo centro social autoxestionado en Lugo?

É necesario un novo centro social en Lugo? Que tipo de centro social queremos? Cal é a mellor fórmula de xestión para a participación da veciñanza e colectivos? Como fomentar a cultura dende abaixo?… Que sabemos doutras experiencias?

Estamos preparadxs para transformar este plano en realidade?

Participa, acode coa túa idea, colectivo e construamos.

Martes 16 de Xullo ás 20h. na Despensa Do Saa (Salvador Madariaga, 8)

Cine ao aire libre ’19

Retomamos unha das nosas actividades máis celebradas do ano pasado: o cinema de verán ao aire libre. Vemos na recuperación e creación de actividades sociais e culturais nos espazos comúns como a forma necesaria de tecer comunidade entre as veciñas de Lugo, creando e fortalecendo lazos e redes de apoio. Modelo fronte ao ocio encamiñado ao consumo, onde as terrazas de bares e restaurantes expándense cada vez máis case como forma única de ocio nos cascos históricos, e que representa unha idea da cidade economicista e planificada cada vez máis para o turismo.

Continuar leyendo «Cine ao aire libre ’19»

II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]

A Autoxestión é posible: outros modelos de comunicación, convivencia e alimentación.

Debaixo do cartel sinopse das charlas. Para as persoas xordas, e co fin de facilitar a accesibilidade, se estás interesadx en vir ponte en contacto con nós a través do email lugosenmordazas@riseup.net

Xornadas Lugo Sen Mordazas

Link para descargar o cartel en alta calidade e link para os dípticos

Continuar leyendo «II ciclo de xornadas LSM: A autoxestión é posible [Abril-Maio programa completo]»