Un ano máis celébrase o San Froilán Asociativo, onde as diferentes asociacións e plataformas sociais, políticas, culturais, ecoloxistas… de Lugo presentan o traballo de todo ano e onde Lugo Sen Mordazas tamén estará presente.
Un espazo onde nos xuntamos, onde nos coñecemos, onde parloteamos, onde bailamos e onde desfrutamos, pois así entendemos a celebración do San Froilán.
Este ano ademais teremos contacontos Trécola ás 12h., «Festival España» ás 19:30 e concerto de Bouba Pandeireteiras ás 20h.
Achégate!