Artigo de opinión do colectivo Translurpies
Lugo Sen Mordazas é unha plataforma que inclúe, nas súas bases, plantexamentos antirracistas e antipatriarcais. Tendo esto en conta, entendemos como unha manipulación aproveitarse das premisas da loita feminista para mostrar unha versión distorsionada da realidade que, por outra banda, mostra sesgos racistas e clasistas.
La Voz de Galicia publicaba, o pasado sábado 7 de xullo, un artigo no que describía unha situación sexista ocorrida entre un “gorrilla” e unha axente da policía local, no que o primeiro lle decía que a el non lle toca ningunha muller policía.
Neste artigo, ademais da situación concreta, explícase tamén a procedencida do gorrilla (vén do Carqueixo, zona de Lugo vinculada á etnia xitana). Comenta tamén que posiblemente esta persoa non pague a multa por non ter medios, o cal non deixa de ser unha suposición subxectiva (e, se de supoñer se trata, tamén podemos pensar que o comentario de este home se referise á que un cacheo ou rexistro policial deberá ser realizado por un axente do seu mesmo xénero).
Resulta, polo tanto, curioso ver como para este diario unha discriminación (sexista) xustifica argumentos racistas e clasistas, sen base obxectiva e con unha función claramente difamatoria.
Non fai tanto, este mesmo diario publicaba titulares como “Sufre un ataque de ansiedad tras pegar a su novia delante de sus tres hijos pequeños en Vigo”. Entendemos, polo tanto, que o aparente feminismo que mostra este artigo é interesado.
Recordemos tamén que La Voz de Galicia ten xa un historial de artigos nos que protexe ou adorna a Ordenanza Mordaza, algúns deles, ademais, centrándose na temática dos gorrillas, buscando así gañar o favor da poboación. Poñer o enfoque da problemática dos aparcadoiros do Hospital nos gorrillas é evadir gran parte da cuestión, facéndolle un lavado de cara ao Concello que, por outra parte, tamén cobra polos aparcadoiros.