Este 22 de Setembro celebramos a segunda edición do Festival Incívico.
A data escollida non é casualidade, facéndoo coincidir co macrofestival do Caudal Fest, un despropósito ao que o Concello de Lugo destina este ano un total de 310.970 euros. Unha cantidade inxente de cartos públicos que irán directamente a enriquecer á empresa privada. Dun xeito, ademais, de entender a cultura como un acto de consumo esporádico e non continuado no ano, pois os cartos investidos neste macrofestival para o enriquecemento duns poucos vai en detrimento da inversión na cultura local. Esa cultura local e de base que si mantén viva a cidade os 364 días do ano restantes e que deixa, a diferenza deste tipo de eventos, unha pegada non monetaria que non só debe terse en conta, senón que debe ser o piar fundamental na xestión cultural.
Fronte a este festival está o Festival Incívico. Festival cuxa primeira edición foi en 2018 como resposta á denominada «Ordenanza Mordaza», que finalmente botaríase para atrás grazas á protesta cidadá, e que pretendía restrinxir o uso do espazo público e as actividades das artistas e dos colectivos sociais e/ou políticos na rúa.
O obxectivo do «Festival Incívico» non é outro que encher de vida as prazas, de forma non lucrativa, e organizarse cos veciños e veciñas dos barrios para facer vida en comunidade, rompendo cos esquemas do hiperindividualismo que impera na actualidade.
Por iso este ano incluímos actividades de todo tipo e para todas as idades. Tamén haberá tempo para a reflexión e o debate, acerca das redes de apoio e da noción de barrio, eses focos de espazo físico e de resistencia na urbe capitalista.
Programa:
▪️ 13:30 Sesión Vermú con pinchada de música
▪️ 14:00 Xantar Comunitario con comidas de diferentes países. Trae a túa e comparte coas demais.
▪️ 16:00 Peza de teatro do Grupo de investigación teatral.
▪️ 16:30 «Saúde e redes de apoio». Un espazo de aprendizaxe e posta en común sobre a variable social como determinante de saúde; por Lucía Cedrón e Uxía Oliveira.
▪️ 17:45 Xogos populares
▪️ 18:15 Presentación do xornal Pensa Lugo
▪️ 19:00 Obradoiro de regueifa/repente.
▪️ 19:45 Aulas de baile ritmo zumba, bachata e hip-hop con Ritmolugo Escuela de Baile
▪️ 20:45 Música con artistas convidad@s como Pablo, Jandro e máis… Haberá micro libre para as persoas que se animen a cantar.
Terá lugar no Festival unha exposición fotografía permanente de Xosé Marra, Belén Cordero, Pedro Agrelo, David Vazq., A. Pallón, Llum A. González, Rodrigo Díaz, Nery e Alfredo Bongianni.
Tamén, de forma permanente, haberá xogos tradicionais galegos para adultos (como a chave ou os birlos), así como xogos para nenas e nenos. Incorporaremos ademais o «recuncho do dormilón» para a xente que se queira botar unha sesta na praza, acto que, coa «Ordenanza Mordaza», querían multar con ata 750 euros.
E se tes algunha idea, proposta e queres participar, escríbenos un email a lugosenmordazas@riseup.net
Desfruta do día.