Como funcionamos

Lugo Sen Mordazas é aberto, pode entrar calquera persoa, sempre e cando comparta os principios fundacionais da mesma, como a non discriminación por cuestión de xénero, etnia, raza ou condición sexual.

Funcionamos de xeito horizontal e sempre se trata de buscar o consenso na toma de resolucións e iniciativas.

O máximo órgano de decisión é a asemblea, que se celebra o primeiro o Luns de cada mes ás 20h. na Cova do Raposo (Rúa das Nóreas, 12) ou nas prazas no verán (avisamos por redes sociais). Para mellorar a eficiencia existen tres comisións permanentes.

  • Comunicación e difusión: encargadxs da elaboración de textos, comunicados e manexo de redes sociais (os textos importantes pasan antes pola asemblea e o resto seguen a liña marcada na mesma).
  • Acción de rúa: grupo encargado de organizar as actividades de rúa como mesas informativas, concentracións, performances ou outro tipo de protestas ou iniciativas.
  • Asesoramento xurídico: encárganse de analizar a ordenanza cívica dende o punto de vista xurídico, así como outras cuestións ligadas ao tema xudicial.

Se queres formar parte de calquera das comisións acude á asemblea, participa e anótate. O nivel de implicación de cada quen depende de si mesmx e das súas posibilidades, polo que non é necesario que acudas a todas as accións ou formes parte dalgún grupo. Ti escolles sempre o grao de participación. O que si se pide é que se te comprometes a algo o fagas!

Animámoste a participar!