Como colaborar

A xente unha vez coñece a «ordenanza mordaza» quere colaborar dalgún modo para freala.

Que podes facer?

  • Acudir ás asembleas e aportar ideas traballando colectivamente. Estas teñen lugar cada 15 días, os luns, na Cova do Raposo (Rúa das Nóreas)
  • Podes asinar en calquera das mesas informativas que se están a poñer na rúa de forma frecuente e que se anuncian a través das redes sociais. Tamén podes asinar nalgún dos seguintes establecementos (estamos traballando para facer a listaxe completa dos centros ou negocios onde podes firmar).
  • Asinar, ademais de en papel, a través de change.org clicando aquí.
  • Sumando o teu establecemento á campaña de «Locais Libres de Mordazas« (en caso de adherirte envíanos un correo dunha fotografía do teu local co cartel e o nome do establecemento a lugosenmordazas@riseup.net)
  • Compartindo toda a información dende as nosas redes sociais e informando as túas amizades, familiares, etc.
  • Descargando o panfleto informativo da «ordenanza mordaza» no seguinte enlace: DESCARGAR

Todo pequeno aporte é necesario e entre todxs frearemos esta ordenanza!

panfleto informativo ordenanza cívica Lugo
Descarga o panfleto informativo