Presentación de «Si no hubiera privilegios no habría miserias» [25/03]

Presentación do libro «Si no hubiera privilegios no habría miserias» con Manolo Saez Bayona (xentes de Baladre) o mércores 25 de Marzo as 20 horas no C.S.-C.A. Vagalume (rúa das Nóreas 5):

si no hubiera privilegios no habria miserias mano saez bayona baladre

Gobernar por encima das desigualdades producidas pola reestruturación competitiva e mercantil da actividade social esixiu ao neoliberalismo o desenvolvemento de todo un conxunto de políticas sociais específicas para tratar de conter o malestar e asegurar a reprodución da orde social. Subordinadas ao desenvolvemento das técnicas de intervención social necesarias para levar a cabo estas políticas, a acción social no seu conxunto e en particular o Traballo Social, configúranse como un conxunto de saberes expertos e profesionais aos que se lles atribúen funcións de regulación e control sobre as vítimas da marxinación e a segregación socio-espacial.

Con todo, con cada vez máis frecuencia, máis persoas sentimos a necesidade de desobedecer e desertar do conxunto de saberes técnicos e expertos orientados a promover a regulación competitiva da sociedade. Para, enfrontados ao poder e a dominación, resituar nosa actividade grupal e colectiva e transformar as nosas vidas. Este libro trata precisamente de ser unha ferramenta para, desde a denuncia das funcións de regulación e control que o poder atribúe á Acción Social e en concreto ao Traballo Social, situarnos, ante a necesidade de construír mediante o intercambio de experiencias novos saberes e coñecementos que poidan resultar útiles para a construción de novas formas de practicar a emancipación social e transitar cara a outras formas de vivir en sociedades máis xustas, libres e igualitarias.